OurenseÚltima hora

A Biblioteca de Verín estrea equipos informáticos

O Concello vén de instalar seis novos equipos informáticos completos, o que supuxo un investimento de 1.320 euros
A concelleira de Cultura de Verín, vendo os novos equipos informáticos da biblioteca./ Foto: Concello de Verín.

Os usuarios da Bblioteca Municipal de Verín contan xa con novos equipos informáticos. O Concello de Verín vén de renovar estes dispositivos xa que os anteriores equipos foron quedando obsoletos pola súa frecuencia de uso.

Na mañá do 29 de agosto a concelleira de Cultura e Educación e Festexos, Emilia Somoza, visitaba a biblioteca para comprobar o funcionamento dos novos equipos e quixo destacar que esta medida responde “á demanda, cada vez máis ampla, dos usuarios que acoden ás instalacións municipais para usar este tipo de servizo. Dende a concellería de Educación e Cultura consideramos fundamental garantir un acceso libre e gratuíto ás tecnoloxías da información e comunicación, tan necesarias hoxe en día tanto no ámbito educativo como laboral”, indicaba a concelleira

En total, instaláronse seis novos equipos informáticos completos que, cun investimento de 1.320 euros, contan con acceso gratuíto a internet, paquete completo de ofimática e escáner. Dous dos dispositivos están destinados a uso exclusivo de estudantes, mentres que os outros catro, ademais desta tarefa, tamén poden ser usados para consulta xeral. O tempo de uso para labores de estudo é indefinido mentres que para uso ordinario de consulta estará restrinxido a unha hora por usuario.

Artigos relacionados

Back to top button