CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca do Barco celebra o Día do LIbro con “Os Nortis e os libros sen título”, o 21 de abril

 

“Os Nortis e os libros sen título” é un espectáculo, de contacontos e teatro de papel dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, e desenvolverase mañá, venres 21 de abril, ás 19,00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco

Os Nortis son personaxes que habitan na dimensión da creatividade e que, a través dos libros, axudan aos nenos e nenas a despertar a súa imaxinación. Con esta premisa comeza unha viaxe entre libros de cartón, dos que xorden desplegables pop up, mecanismos móbiles e xogos de contraluz con imaxes. É unha aventura visual e de lendas para toda a familia.

Trátase dunha actividade organizada polo Concello do Barco con motivo do Día do Libro deste ano.

Artigos relacionados

Back to top button