Música de calidade, degustacións e un ambiente único á beira do río, na praia fluvial do Malecón no Barco. O SilFest Valdeorras 2023 vivía a súa primeira e intensa noite cunha serie de concertos e numeroso público, nun programa que se prolongaba ata ben entrada a madrugada.
Ao anoitecer aínda soaba a banda Whisky Caravan, pero despois o escenario da D.O. Valdeorras acollía a Joana Serrat, na medianoite a Niña Polaca e, continuación virían, Joe Crepúsculo e finalmente a sesión pechábase con DJ Lagartija.
Nesta galería facemos un percorrido en imaxes por esta primeira noite do SilFest.
Fotos: Carlos G. Hervella.
15 de Xullo de 2023