A GudiñaConcellosÚltima hora

A biblioteca móbil da Xunta chegará o venres 10 de marzo á Gudiña

A Furgoteca da Xunta.

 

A furgoteca, o novo servizo de bibliotecas móbiles da Xunta, que arrancou hai uns días chega esta semana a 10 concellos de Lugo e Ourense: A Gudiña, Baleira, Baltar, Cervantes, Folgoso do Courel, Negueira de Muñiz, O Incio, Oímbra, Os Blancos, Vilardevós.

Na provincia de Ourense, a primeira parada era hoxe nos Blancos, onde prestou o seu servizo na praza do Concello. Mañá martes desprazarase a Vilardevós (praza do Concello, feira, Trasigrexa e Osoño), o mércores a Baltar (praza do Concello, feira, Tixós e Garabelos), o xoves a Oímbra (praza do Concello) e rematará a semana na Gudiña (praza do Concello, feira, O Canizo e Tameirón).

Todo o calendario cos lugares e paradas que se realizarán nas vindeiras semanas están dispoñibles xa na páxina web cultura.gal/furgoteca, nos lugares de información habituais do concello ou a través das redes sociais.

Na furgoteca pódense levar en préstamo exemplares de libros, películas, música ou xogos físicos e dixitais así como publicacións periódicas como revistas e xornais. Tamén se poden facer os trámites de expedición de carnés de usuario, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Teñen conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora. As bibliotecas móbiles son atendidas por persoal cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural.

Artigos relacionados

Back to top button