EconomíaEconomíaÚltima hora

A bica enche de sabor o cupón da ONCE do 4 de febreiro

 

A Bica, biscoito típico da repostería de diversos municipios da provincia de Ourense, protagoniza o cupón da ONCE do domingo, 4 de febreiro, pertencente á serie ‘Un doce?’ ?, coa que a Organización difunde algúns dos pratos máis doces e representativos da rica gastronomía do país. Cinco millóns e medio de cupóns difundirán este doce.

“A Bica ten unha faragulla compacta e chea de sabor. Pódese degustar como sobremesa, almorzo ou merenda. Son varias as localidades ourensás que teñen como tradición elaborar a doce Bica”, como Castro Caldelas, Trives, Manzaneda, Laza, Chandrexa de Queixa ou Maceda, entre outras, aseguran dende a ONCE.

“Ten unha textura dun biscoito denso e unha cortiza superior azucrada e torrada. A receita foi pasando de xeración en xeración e elabórase con ingredientes galegos: ovos camperos, fariña e a nata, que lle dá gran jugosidad, tamén se pode elaborar con manteiga”, enganden dende esta organización.

A serie ‘Un doce?’ compóñena 50 cupóns, un por cada provincia, pertencentes aos sorteos de domingo. Desenvólvese en colaboración coa Confederación Española de Empresarios Artesáns de Pastelería (CEEAP), entre cuxos obxectivos está defender e representar as necesidades da pastelería artesá.

Artigos relacionados

Back to top button