Nesta fin de semana a Estación de Montaña de Manzaneda recibía nas súas instalacións á elite nacional e mundial do Trial para a inauguración dunha área permanente para a práctica desta disciplina. Exhibicións e competición alternábanse entre o sábado e o domingo en dez zonas con cinco niveis de dificultade entre a nova área e a zona natural.
Na noite do venres tiña lugar unha cea de confraternización na cafetería Nevada da vila de Manzaneda, á que asistían tanto Toni Bou, piloto oficial do equipo Montesa Repsol-Honda e 34 veces campión do mundo; como o galego Jorge Casais, piloto oficial Scorpa, subcampión de España e campión do mundo Jr; Rodrigo Marchal, piloto oficial Electric Motion, campión de España TR3; e Dani Barros, responsable da organización Trial Box.
Os responsables da Cafetería Nevada, Vladi e María, son moi afeccionados ao mundo do Trial. De feito calquera día do ano que se visite o local pódense contemplar motos de trial antigas restauradas como parte da decoración deste establecemento. Nesta fotografía ambos posan sunto a Toni Bou.