A RúaConcellosÚltima hora

A caída dunha muller na súa casa, na Rúa, mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Na tarde deste venres 8 de marzo, Día da Muller, producíase un accidente doméstico na Rúa. Tal como informan dende os servizos de emerxencia que eran avisados polo 112 Galicia en torno ás 18 horas, unha muller caía na súa casa, nun edificio da rúa San Antón.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse membros de Protección Civil da Rúa, bombeiros, Policía Local da Rúa e unha ambulancia do 061, que trasladaba á muller ata o Hospital Público Valdeorras.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button