Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A carballinesa María Dolores Fernández Galiño, nova Valedora do Pobo

Tomou posesión onte, venres 2 de agosto, no Parlamento Galego

A carballinesa María Dolores Fernández Galiño, tomou posesión onte, venres 2 de agosto, como nova Valedora do Pobo. Releva neste cargo a Dolores Otero, presente no acto, a cal dimitiu o pasado mes de xullo.

Así, durante o acto asegurou que o feminismo sería a seña de identidade na súa labor e que afrontaba o cargo con pasión, vocación e profesionalidade. A xornalista e exdeputada socialista, María Xosé Porteiro, exercerá como adxunta.

A esta toma de posesión asistiron membros do goberno como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ou o vicepresidente, Alfonso Rueda; e deputados e membros do PP e PSdeG.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button