ConcellosRubiáÚltima hora

Quereño (Rubiá) recuperará o 4 de xuño o seu Viñotapeo

Nesta edición serán nove os barrios participantes na celebración, con outras tantas adegas

Ambiente nunha edición anterior do Viñotapeo de Quereño (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Logo dunha paréntese de dous anos, por mor da pandemia de Covid, Quereño (Rubiá) recuperará o vindeiro mes de xuño a celebración do seu exitoso “Viñotapeo”, que chegará así á súa sexta edición. Este encontro que mestura a gastronomía, co viño e a celebración popular, está previsto para o 4 de xuño a partir das 20h.

Como noutras edicións, ao longo de Quereño situaranse diversos postos con variadas e saborosas tapas, acompañadas de bebida, nas que os veciños irán recibindo aos visitantes nun ambiente no que, de seguro, non faltará a animación musical.

Para poder desfrutar deste percorrido será preciso mercar unha entrada cun prezo de 10 euros no posto que acostuma instalarase á entrada da localicalidade. Con ela recibirase unha taza, para facer o traxecto gastronómico, e tamén un agasallo.

 

Unha das adegas dunha edición pasada do Viñotapeo de Quereño (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir de comezará o circuíto dos participantes no Viñotapeo polos nove barrios participantes nesta edición: os do Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, A Estación I, a Estación II, a Estación III e a Estación IV.

Unha vez completado este percorrido, as persoas participantes no Viñotapeo poderán desfrutar dun café acompañado de sobremesa caseira na pista, onde continuará a festa “con música e bo ambiente”, adiantan dende a organización, en mans da Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración do pobo.

Fotos cedidas.

 

Fin de festa na pista na celebración do Viñotapeo do 2019./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button