ConcellosQuirogaÚltima hora

A veciñanza de Parteme (Quiroga) recupera unha fonte centenaria

 

A Asociación de Veciños de Parteme leva 5 anos traballando “por mellorar este núcleo rural da parroquia do Nocedo, no Concello de Quiroga”. Neste liña sinalan que o “pasado 12 de febreiro xuntámonos varios veciños, concretamente sete, e fixemos un traballo enorme de limpeza de monte para facer visible e adecentar unha fonte centenaria, a “Fonte da Pena dos Ramos”, sendo esta a única fonte recoñecida nos planos da comunidade de montes do Nocedo. É a primeira que houbo en Parteme, onde viñan lavar a roupa e coller auga potable os veciños, está a uns 350 metros das casas e estaba totalmente a monte”.

Tras a limpeza, todos os veciños amosaban a súa satisfacción, “houbo xente emocionada incluso de ver todo libre e de poder chegar á fonte. Recibimos felicitacións de todos eles e tamén de xente que está fóra con casa aquí despois de ver as fotos nas redes sociais e nos whatsapp”, aseguran dende a asociación.

A xornada de traballo consistiu en desbrozar o camiño de acceso que estaba a monte total, e adecentar o lugar propio da fonte, onde o cano. Este foi o primeiro traballo comunitario deste ano e xa estamos pensando nos seguintes. Hai moito que facer neste pobo, non podemos deixalo abandonar”.

Dende asociación pretenden tamén manter unha xuntanza do Concello para plantexarlle as súas “peticións de limpezas de camiños e outras melloras e  infraestruturas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button