Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín xa supera os 150 inscritos

 

Na súa primeira edición virtual, e na terceira como proba, a Carreira e Andaina das Cidades de Vilamartín contra o Cancro de Páncreas xa leva rexistradas unhas 156 inscricións, tal e como se adianta dende a organización.

Este evento solidario e deportivo contará desta volta con ata 5 modalidades diferentes: andaina e carreira (de 5 ou 10 km), bicicleta de estrada (60 km), BTT (30 km) e cadeira de rodas (5,10, 30 ou 60 km).

As inscricións para  participar seguirán abertas ata o propio día 22 de novembro na web (pero para asegurar que a camiseta da proba chegue a tempo aconséllase facela antes): carreracancerpancreas.es .

“Ademais poderán indicar en que cidade participan (poñendo Vilamartín de Valdeorras) e persoalizar ou seu dorsal co nome da persoa que ti elixas”, explican as promotoras desta iniciativa benéfica, tres veciñas de Valdeorras que hai tes anos decidían crear un proxecto solidario e deportivo para homenaxear un familiar falecido por esa doenza e tamén para axudar a outras persoas que a sofren.

A de Vilamartín é ademais unha das probas españolas que ten, polo de agora, maior número de inscritos, sendo un total de 1.164 os contabilizados no total de carreiras: 297 na da provincia de Alicante, 58 na provincia de Barcelona, 278 na provincia de Madrid, 38 na provincia de Murcia, 156 provincia de Ourense e 337 no resto de provincias.

Artigos relacionados

Back to top button