No local que durante anos foi Casa Paradelo vén de abrir as portas un novo establecemento hostaleiro, no Barco de Valdeorras. No mesmo lugar (rúa Xirimil, 13) pero con novo nome e nova xerencia.
O mércores 28 de febreiro abría as portas ao público La Flor del Jamón, un restaurante no que comer a diario cun menú de 13 euros e tamén o sábado por 18 euros (o domingo pecha por descanso do persoal).
Con Nuclecia Martíns na xerencia, en La Flor del Jamón ofrecen un variado menú do día que van variando e no que non faltan pratos de culler como sopa, arroz con polo ou unha boa fabada asturiana; e tamén caseiros como albóndigas, costela asada ou pincho moruno, entre outros moitos; sen esquecer pescado como anguiluchos, lubina ou dorada.
Teléfono para reservas: 988 012 764.
Fotos: Carlos G. Hervella.