EconomíaEconomíaÚltima hora

A castaña galega, protagonista do “Magosto no Gaiás”, o 16 de novembro

Esta celebración, que incluirá degustacións e a actuación do gaiteiro Anxo Lorenzo, comezará ás 20h.

 

As castañas, asadas ou como ingrediente principal en petiscos, serán as principais protagonistas do “Magosto no Gaiás” en Santiago, unha cita cultural e gastronómica de carácter familiar prevista para o sábado 16 de novembro. A partir das 20 horas comezará a degustación de castañas (para a que se contará coa colaboración un ano máis da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia), seguida da foliada típica deste festexo popular.

E para isto último contarase con Anxo Lorenzo, “un gaiteiro que se sae dos canons convencionais, xa que a pesar da súa formación na música tradicional, o seu estilo caracterízase polas pontes con outras tendencias e estilos fóra do eido folk”, segundo se destaca dende a Xunta de Galicia.

As entradas para  Magosto no Gaiás poden adquirirse xa de forma anticipada no Museo Centro Gaiás e nos puntos de venda físicos de Ataquilla por 5 euros: en  www.ataquilla.com (+ gastos de xestión); e  no mesmo día, na billeteira por 6 euros.

Artigos relacionados

Back to top button