Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A ‘Castro Caldelas Vegan Trail’ volve este sábado a Castro Caldelas tralo parón pandémico

 

A ‘Castro Caldelas Vegan Trail’ volve neste 2022 tralo parón pandémico completando a triloxía de probas de montaña neste recuncho da Ribeira Sacra, xunto á de ultraresistencia (Spain Backyard Ultra) e a de orientación e resistencia (Caldelas Marathons).

A proba que se celebrará o sábado 10 de decembro, ofrece un abanico de opcións, desde a de 6 km apta para todos os públicos ata os esixentes 42 km, e pasa por lugares tan fermosos e significativos como San Xoán de Camba e as ribeiras do Edo, así como a andaina de 18 e o trail de 21 que pasan pola paraxe de conto que son as fervenzas do Edo, polas ribeiras do Río Sobredo e polas famosas penas de Matacás sobre o Canón do Sil para volver polos viñedos de Alais e Celeiron e os bosques de castiñeiros centenarios de Souto de Poboeiros. Aos que se atrevan coa de 42 km a esas paisaxes súmanse as do val de Tronceda con bosques de madroños, a subida polas arestas da Serra de Mazaira e as vistas ao meandro de Froxende Tanto

 

Anterior edición do trail.

 

Tanto os trail de 21 como o de 42 km caracterízanse pola súa beleza e a súa dureza cuns desniveis positivos de 1.360m positivos para a de 21 e 3.046m de desnivel positivo para a de 42km que o sitúan dentro das probas “máis duras de Galicia”, aseguran dende a organización.

Outra das características desta proba que a fai única é que é que “todos os avituallamientos e comida final son veganos e o seu carácter benéfico recollerá fondos para a canceira municipal, para Pegada Verde de Trives e para o Banco de Alimentos de Ourense que terá caixas de recollida en todas as tendas de alimentación de Castro Caldelas durante esta semana”, explican dende o Concello.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button