Coa cata oficial da XXIV Feira do Viño de Valdeorras estreábase esta mañá o programa desta mostra, que se desenvoverá nesta fin de semana. Iniciábase a partir das 10:15h. na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín.
Un panel de cata valoraraba un total de 38 mostras (18 de brancos, 10 de tintos e 10 de diferentes anadas). Estes viños optan a tres premios en brancos 2022 outros tanto en tintos dese mesmo ano e a mencións no caso dos viños de diferentes colleitas.
O nome dos ganadores desta edición da cata desvelaranse hoxe mesmo, ás 21h., nunha de entrega de premios que terá lugar no Complexo Hostaleiro Paladium, en Vilamartín.
Fotos: Carlos G. Hervella.