SanidadeÚltima horaVídeos

A cea benéfica da AECC no Barco reúne a unhas 115 persoas no Casino

 

O Casino do Barco acollía unha vez máis a cea solidaria anual que organiza a Asociación Española contra o Cancro en Valdeorras. Unhas 115 persoas acudían a este evento solidario que comezaba a partir das 21:30h. e que tiña unha entrada de 30 euros. Entre os asistentes estaba o presidente provincial da AECC, Germán Rodríguez-Sáa, que dirixía unhas palabras aos asistentes.

Comezaba explicando que esta intervención non lle correspondía a el, senón a Gloria Pérez, delegada da asociación en Valdeorras, “que por circunstancias non pode estar, pero que vos transmite todo o seu cariño, e que o vindeiro ano será quen se dirixa a vos”. Ademais Rodríguez-Sáa expresaba o seu agradecemento ás voluntarias de Valdeorras “polo seu esforzo e dedicación, grazas a elas podemos celebrar un evento como este, que é fundamental na estratexia da AECC”. Tamén agradecía a colaboración dos socios “que nos dan o seu apoio continuo aos programas e tamén agradecervos a todos a vosa presenza porque isto non é un gran de area, é unha praia para nós”.

 

 

O menú, servido por Mantesil, incluía ensaladilla, langostinos, un prato de carne e sobremesa, ademais de bebidas. A velada incluía tamén un sorteo de diversos produtos doados por establecementos de Valdeorras.

Como novidade, nesta ocasión dispoñíase tamén unha fila 0 para persoas que non podía asistir, pero si quería colaborar coa asociación.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button