A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A cea popular da Virxe do Carme de Vilela (A Rúa) reúne a 120 persoas

 

Nesta fin de semana a veciñanza de Vilela (A Rúa) está de celebración. Do 14 ao 16 de xullo festexa a Virxe do Carme cun programa relixioso, pero tamén lúdico. Os actos comezaban na noite do 14 de xullo  cunha verbena a partir das 00h. co Dj Tariro.

Pero era na tardiña deste sábado 15 de xullo cando o apartado gastronómico cobrará protagonismo coa recuperación da cea popular, que se interrompera por mor da pandemia. A cea comezaba sobre as 20:30h. na Aira de Vilela cun menú a base de entremeses ibéricos e co prato estrela da carne ao caldeiro, seguida de bica e chupitos. Unhas 120 persoas defrutaban destes pratos e compartían mesa.

 

 

A entrada tiña un prezo de 22 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos menores de 12 anos. Tras a cea comezaba a soar música e había baile co Trío Nostalgias e, a continuación, collerá o relevo o Dj Tariro.

Ademais xa durante tarde os máis pequenos podían desfrutar con inchables na mesa zona da festa. O día grande destas festas será mañá do domingo, coa tradicional procesión da Virxe polas rúas de Vilela.

Fostos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button