OurenseÚltima hora

A CHMS adxudica as obras de eliminación das verteduras incontroladas ao río Limia

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), vén de asinar a adxudicación das obras de eliminación de verteduras ao río Limia no tramo urbano de Xinzo de Limia. O contrato foi adxudicado a Misturas, S.A., empresa que presentou a oferta máis vantaxosa por importe de 970.208€

“Ante a problemática actual de verteduras libres ao río, non conectados coa rede municipal e sen ningún tipo de tratamento, as obras de saneamento consistirán na recollida das verteduras das zonas do antigo matadoiro Rubio, da estrada de Baltar e avda. de Portugal, así como os procedentes das edificacións da marxe esquerda do río, piscinas municipais, pavillón e resto de instalacións deportivas para a súa canalización ata un pozo existente no parque do Toural desde onde se transportarán á EDAR de Xinzo de Limia para o seu tratamento”, tal e como se indica dende a confederación.

A colaboración institucional “é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a calidade das augas dos nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan”, concluía o presidente da confederación.

Artigos relacionados

Back to top button