OurenseÚltima hora

A CHMS inicia a restauración de varios poldrados nos concellos da Merca, Celanova e Lobeira

O obxectivo é valorizar e evitar unha maior degradación destas antigas infraestruturas de paso que continúan en uso

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) inicia a restauración de varios poldrados situados nos municipios da Merca, Celanova e Lobeira. Os poldrados, tamén denominados pontellas, son infraestruturas antigas sobre pequenos leitos fluviais que dan continuidade aos camiños e que están catalogados como elementos de gran valor e interese histórico e etnográfico.

Estas obras de paso víronse seriamente deterioradas ao longo dos anos como consecuencia das sucesivas avenidas, arrastres de árbores e falta de mantemento polas administracións titulares das mesmas. Neste sentido, no ano 2021 os concellos da Merca, Celanova e Lobeira solicitaron colaboración á CHMS para a restauración de varios destes poldrados situados en camiños que actualmente se utilizan, fundamentalmente, como roteiros de sendeirismo.

Dada a antigüidade e valor histórico, para a súa restauración foi preciso realizar, previo á redacción dos proxectos, traballos de documentación e intervención arqueolóxica en cada un deles así como tramitar a preceptiva autorización #ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

O investimento total superará os 280.000 euros; aínda que, dependendo do estado de deterioración da infraestrutura, o importe de adxudicación axustouse á necesidade de intervención segundo proxecto.

Esta mesma semana comezaron as obras no poldrado “Dous Pulidos”, sobre o río Arnoia, no municipio da Merca, adxudicadas á empresa VIPECA, OBRAS E SERVIZOS por importe de 132.627€; realizados as rozas previas, o vindeiro luns darán inicio os traballos de cantería, que se estima que finalicen no prazo máximo de catro meses.

No mesmo municipio e tamén sobre o río Arnoia, comezaron os traballos no poldrado “Do Euxenio”, adxudicado á empresa LEBOREIRO OBRAS E SERVIZOS por 46.500€, que finalizarán a mediados de outubro.

Así mesmo, durante o mes de outubro, comezarán os traballos no poldrado “Do Cristino”, na Merca, adxudicado á empresa REHABITA, XESTIÓN INTEGRAL DE REHABILITACIÓNS E RESTAURACIÓN, por importe de 44.770€; tambien no río Arnoia ao seu paso por Celanova, no poldrado “Dá Fraguiza” adxudicado á empresa REHABITA, XESTIÓN INTEGRAL DE REHABILITACIÓNS E RESTAURACIÓN S.L. por un importe de 23.958€; e no municipio de Lobeira, se rehabilitára o poldrado “Do Groício” sobre o río Fragoso, que se adxudicou á empresa LEBOREIRO OBRAS E SERVIZOS S.L. por 23.700€.

Artigos relacionados

Back to top button