ConcellosÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tráfico na A-52 á altura de Riós

 

Ta tarde do martes 26 de decembro produdíase un accidente de tráfico en Riós no que un dos vehículos implicados circulaba en dirección contraria resultando falecido o seu condutor, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que recibira “diversos avisos de particulares que circulaban polo quilómetro 149 da A-52, onde se rexistrou este accidente tralo que ademais trasladaron a dúas persoas ao hospital de Verín”.

Pasaban poucos minutos das 20:30 horas cando os xestores do 112 Galicia atendían as primeiras chamadas que alertaban “dun sinistro con dous vehículos implicados”. Segundo explicaban os alertadores, “a situación parecía grave e podería haber persoas atrapadas. Ademais, un dos accidentados non reaccionaba aos estímulos daqueles que se achegaran a prestar axuda”.

Dende o 112 solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín, do GES da Gudiña, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. “Os bombeiros actuaron para excarcerar á persoa falecida, mentres que no outro vehículo, que chocou contra o gardarraíl ao esquivar ao coche que viaxaba en dirección contraria, dúas persoas foron evacuadas ao hospital de Verín”, conclúen dende o servizo de emerxencias.

Artigos relacionados

Back to top button