A VeigaConcellosÚltima hora

A CHMS inviste máis de 52.000 € na mellora da capacidade hidráulica do río Xares na Veiga

120/10000 Actuouse na contorna das aldeas de Baños, Xares e A Ponte, situadas no Espazo Rede Natura 2000 LIC Pena Trevinca

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de finalizar as actuacións de mellora a capacidade hidráulica do río Xares na Veiga. O investimento total realizado ascende a 52.000 euros.

Actuouse na contorna das aldeas de Baños, Xares e A Ponte, situadas no Espazo Rede Natura 2000 LIC Pena Trevinca, nun tramo que comprende unha lonxitude total de 5,7 km.

Os traballos consistiron na retirada de árbores caídas ou secas ou, en casos moi puntuais, desestabilizados con perigo de caída ao leito, que provocaban a acumulación de restos arbóreos e tapóns, afectando ao discorrer das augas; tamén se realizaron podas sanitarias e resalveos para mellorar a estabilidade da vexetación e para facilitar o fluxo en casos de avenida, diminuíndo así o risco de inundacións, tal e como informa a confederación.

 

 

Augas arriba e augas abaixo da ponte sobre o río Xares na localidade de Baños, “realizouse a retirada puntual e selectiva de pés con estabilidade comprometida pola súa inclinación ou que crecían na parte central do leito bloqueando o fluxo hidráulico, con obxecto de evitar inundacións”, asegura o organismo de conca.

Ademais, executouse a roza e resalveo selectivo do leito en dominio público hidráulico e zona de servidume nos tramos marcados, especialmente nos puntos en que a vexetación invadía parcialmente o leito, tendo sempre en conta que se trata dun espazo natural protexido.

Estas actuacións foron executadas, durante 47 xornadas laborais, por unha brigada composta por 4 operarios especializados.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button