Cunha hora e media de retraso por culpa da intensa chuvia, arrincaba no mediodía deste sábado 22 de febreiro o desfile de folións organizado polos Viticultores de Vilamartín.
Tralo permiso e apurados por se volvía chover, eran os anfitrións, que este ano celebran o X aniversario, os que abrían o percorrido dende a praza Xosé Lois Núñez ata a Rodeleira. Nesta edición tamén participaban no encontro os folións do Tameirón, Carracedo da Serra, Chandrexa de Queixa, Sobrado e O Fiadeiro de Trives, O Irrio de Castro Caldelas, O Can de San Roque de Vilardevós e Petín.
Tralo desfile celebrábase a VI Festa da Sopas de Allo no pavillón, cun menú a base de aperitivos, empanada, sopas de allo, orella/ morro á galega, ovos á galega, chourizos cocidos, bica, café, licores e bebida.
Fotos e vídeos cedidos.



