En portadaÚltima hora

A chuvia marca a XV Carreira dos Santiños do Barco, cuns 60 participantes na proba dos maiores

 

Baixo a chuvia tomaban a saída os preto de cen participantes da XV Carreira dos Santiños do Barco, cun circuíto completamente urbano e homologado. O programa deportivo deste evento, que promove o Club Adas en colaboración co Concello, encetábase ás 11h. coa carreira dos maiores (que incluía as categorías Sub18/20, Sub23/senior, absolutos e máster) cunha distancia de 5 km (dúas voltas ao trazado). A esa mesma hora saían tamén os Sub16, pero unicamente daban unha volta ao circuíto (2.500 m). En total saían preto de 60 atletas.

 

 

Tras comezar dende o pavillón os corredores continuaban polas rúas Río Mariñán, Barco de Ávila, Paseo do Malecón, rúa Coruña e novamente Calabagueiros. Para velar pola seguridade no circuíto, a organización, en mans do Club Adas, contaba coa colaboración da Policía Local e das agrupacións de voluntarios de Protección Civil do Barco, de Petín, O Bolo, Larouco e Vilamartín. Ademais tamén colaboraban as voluntarias da Cruz Vermella de Valdeorras.

 

 

O primeiro corredor en chegar á meta era o valdeorrés Alejo Ares, mentres que a primeira en categoría feminina era Elena Ledo, ambos son do Club Adas Cupa do Barco.

Despois da carreira dos adultos dábase paso ás probas das categorías base, que se desenvolvían nas pistas de atletismo. Esta carreira está incluída no calendario da Federación Galega de Altetismo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button