Na xornada deste sábado 31 de agosto A Rúa despide un intenso mes de actividades co terceiro festival promovido por Turismo de Galicia, ‘Ó Son da Estación’ no que se dan cita ata cinco agrupacións musicais de estilos moi variados que se vía deslucido pola imprevista chuvia.
Os primeiros en subirse ao escenario, instalado na praza da Estación ruesa era Magín Blanco e a Banda das Apertas, cunha actuación especialmente dirixida para o público infantil. De seguido collía o relevo Abertal, outra agrupación local de corte tradicional que cantaba, tocaba e bailaba sendo sorprendidos por un forte chaparrón que obrigaba ao público asistente a poñerse a cuberto.
Aproveitando o momento e protexidos pola cuberta da Estación de Tren, Abertal e o concelleiro José Vicente Solarat entregaban uns detalles ao director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, tamén natural da Rúa.
Se a chuvia o permite a seguinte actuación será a de The Rapants. Despois actuarán Señora Dj e pechará o festival Grande Amore.
Fotos: O SIL.