OurenseÚltima hora

A cidade de Ourense celebra o Día Internacional da Muller con actividades para os meses de marzo e abril

Carreira da Muller, actividades para escolares, obradoiros e unha exposición de mulleres artistas son algunas das propostas, que rematarán coa entrega do Premio Clara Campoamor

 

O Concello de Ourense celebra o Día Internacional das Mulleres 2025 cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de Igualdade, que se desenvolven desde esta semana até o día 7 de abril. Acto institucional, carreira da Muller, actividades de contacontos e escape room para escolares, obradoiros e unha exposición colectiva de mulleres artistas de Ourense son algunas das propostas, que rematarán coa entrega do Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades.

Esta mañá o salón de plenos acolleu a celebración do acto institucional do Día Internacional das Mulleres, no que as concelleiras de Igualdade, Noa Rouco (DO), Ana Méndez (PP) e Cristina Cruz (PSdeG-PSOE) deron lectura a unha fábula e, a continuación, a edil de Igualdade deu lectura á Declaración Institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) con motivo da celebración.

ACTIVIDADES 8M

6 e 7 de marzo. Contacontos Ámome!. Actividade para alumnado de Educación Primaria, dinamizado por Trécola Teatro, nos CEIP Prácticas, A Ponte, Mestre Vide e Curros Enríquez

7 de marzo. Acto institucional do Día Internacional das mulleres, no salón de Plenos, con lectura da declaración institucional

9 de marzo. VI Edición da Carreira da muller, organizada por Runmaniak coa colaboración do Concello. Saídas desde a Praza Maior ás 10.50 h (carreira inclusiva, 1 km.) e 11.00 h (Carreira da Muller, 5 km.)

13 e 14 de marzo. Escape RoomEstrelas. Actividade para alumnado de ESO, nos CPR Concepción Arenal e Luis Vives

20 de marzo. Obradoiro para mulleres Cultivando igualdade. Dinamizado por Almudena Herranz Roldán, sexóloga e docente INCISEX. Inscricións no CIMM (988393191 ou concelleriamuller@ourense.es)

25 de marzo (17h). Re pensarnos: a construción da narrativa propia. Obradoiro mixto con Getse Valenzuela, educadora, contadora e cantadora de historias (Inscricións no CIMM))

26 de marzo (12.00h). A igualdade e a convivencia. Obradoiro para alumnado do módulo integración social CIFP Portovello, dinamizado por Ana Pérez Cardoso, educadora do CIMM

26 de marzo ao 27 de abril. Marzo todo o ano. Exposición colectiva de mulleres artistas de Ourense, na sala municipal José Ángel Valente

7 de abril. Entrega do XIX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, ás 20.00h na sala municipal José Ángel Valente

 

Artigos relacionados

Back to top button