OurenseÚltima hora

A cidade de Ourense conmemora o San Martiño con cultos, magosto e moita música

 

En torno ás 11:30 horas deste venres 11 de novembro, comezaban en Ourense os actos na honra ao seu patrón, San Martiño. A esa hora o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a Corporación Municipal, trasladábanse desde a Casa do Concello ata a Catedral para asistir á misa na honra de San Martiño de Tours na que o rexedor realizou a tradicional ofrenda. Este ano a misa estacional celebrábase, por primeira vez, en Rito Mozárabe.

A festa do San Martiño, unha das grandes celebracións na cidade de Ourense completábase cun variado programa para todos os públicos e idades que incluía ruada de gaiteiros e cabezudos, animación de rúa coa charanga Mekánica na zona histórica e o magosto tradicional na praza Maior con bolo preñado, auga ou viño por 1 euro e castañas gratuítas.

 

 

Pola tarde celebrábase tamén o concerto de Brañas Folk co Orfeón Treixadura e Pancho Álvarez como convidados, un espectáculo itinerante de “Lume”, nas rúas da zona histórica e a ctuación de Bruxo Queiman co espectáculo Folki-Queiman, na praza Maior.

E xa pola noite haberá animación de rúa coa charanga Támega pola zona histórica da cidade e baile coa orquestra Panorama, na rúa do Progreso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button