EconomíaEconomíaÚltima hora

A CIG convoca mobilizacións no Barco o día 15 en defensa do sistema público de pensións

O acto está convocado ás 12h. diante do Hospital Comarcal Valdeorras

“Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas”. Baixo este lema, a CIG vai convocar o vindeiro domingo 15 de abril unha xornada de mobilizacións “na defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados, e para reivindicar emprego e salarios dignos”. Entre elas haberá unha no Barco prevista para as 12h. diante do Hospital Comarcal Valdeorras.

Esta central sindical pide a derrogación das “reformas antisociais e antiobreiras aprobadas baixo a escusa da crise económica, e que centrará tamén a conmemoración deste Primeiro de Maio”. Previamente, a CIG porá en marcha unha campaña para levar aos centros de trabalho o debate sobre a necesidade de defender o sistema público de pensións, xa que “a reivindicación dunhas pensións dignas é unha loita que abrangue a toda a clase traballadora”.

“A administración pública ten a obriga de garantir as pensións públicas, e pode facelo. Vivimos nunha das provincias con maior precariedade, e padecendo uns dos salarios máis baixos de todo o estado”, din dende a CIG.

 

Artigos relacionados

Back to top button