EconomíaEconomíaÚltima hora

A CIG sae á rúa no Barco para conmemorar o 1º de Maio e pedir “traballo digno”

 

A praza do Concello do Barco acollía ás 12h. un acto da Confederación Intersindical Galega (CIG) con motivo da celebración o 1 de maio, Día da Clase Obreira. Saían á rúa cunha pancarta na que podía lerse o lema “Traballo digno. Pola paz e soberanía dos pobos contra o imperialismo”.

No acto tomaba a palabra o responsable comarcal da CIG en Valdeorras, Paco Moral, e tamén se procedía á lectura do manifesto, ao que poñía voz Ramón Porto.

Na provincia de Ourense a CIG celebraba un total de outros dous actos deste tipo: en Ourense cidade e en Verín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button