EconomíaEconomíaÚltima hora

A CIG Valdeorras celebra o Día da Clase Obreira cunha concentración no Barco

 

Estaba inicialmente prevista na praza do Concello ás 12h. E neste punto se reunían os asistentes á concentración coa que a CIG Valdeorras celebraba o 1º de maio, Día Internacional da Clase Obreira, baixo o lema “Contra a pobreza políticas públicas e salarios dignos”. Pero, debido a un acto da Festa dos Maios, esta concentración trasladábase á praza Andrés de Prada, o que causaba certo malestar entre os convocantes da mesma.

O primeiro en dirixirse aos presentes era o responsable comarcal da CIG, Francisco Moral, que destacaba a importancia de poñer en valor e reivindicar os dereitos dos traballadores, especialmente nun momento como o actual. A continuación, Suso Vilasánchez, representante de CIG Saúde, incidía en que a CIG “é un sindicato de clase” e resaltaba a vixencia e importancia do movemento sindical, “o sindicalismo e os sindicatos non son cousas do pasado, queren que deixemos de crer na forza do sindicalismo”.

Ademais de no Barco, a CIG convocaba mobilización o 1º de maio noutras 15 localidades galegas, entre elas Ourense e Verín.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button