Na mañá deste domingo 5 de xuño celebrábase en Rubiá a segunda edición (a primeira foi no 2019 cunha alta participación) dunha cita deportiva solidaria polo cancro infantil que ademais da andaina incluía BTT.
Unha modalidade na que participaban 67 persoas que percorrían os 30 quilómetros previstos pola organización (o Concello de Rubiá e o grupo de espeleoloxía e montañismo Águilas Verdes), por unha parte da Serra da Enciña da Lastra.
Eran os primeiros en saír, tomando a saída ás 9:30 horas dende a praza da Baicela. Entre os colaboradores estaban tamén membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Rúa, do Barco e da P. de Trives.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/alta-participacion-na-proba-deportiva-e-solidaria-polo-cancro-infantil-en-rubia/
Fotos de vídeos: Carlos G. Hervella.