Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Alta participación na proba deportiva e solidaria polo cancro infantil, en Rubiá

A andaina, na que participaban 246 persoas, saía ás 10:30 horas dende a praza da Baicela

 

O deporte e a solidariedade volvían ir da man na mañá deste domingo 5 de xuño en Rubiá cunha alta participación (314 inscritos) na segunda edición da cita deportiva solidaria polo cancro infantil, con dúas modalidades: andaina de 11 km e BTT de 30 km.

 

 

En torno ás 9:30 horas, os primeiros en saír dende a praza da Baicela (punto de saída e meta), eran os ciclistas e unha hora máis tarde facíano os andarines que respondían masivamente á chamada da organización, reuníndose un total de 246 que percorrían a contorna do concello.

 

 

A actividade estivo organizada polo grupo de espeleoloxía e montañismo Águilas Verdes e o Concello de Rubiá, e a recadación irá destinada á Asociación Española Contra o Cancro, en Ourense, de aí a presenza da presidenta da AECC en Valdeorras, Gloria Pérez, e varias voluntarias no punto de saída. O prezo da inscrición era de 5 euros para menores de 16 ano se de 10 para os maiores e tamén habilitaron unha ‘fila 0’ para poder colaborar economicamente.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-cita-contra-o-cancro-infantil-reune-en-rubia-a-preto-de-70-deportistas-en-btt/

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button