CulturaCulturaÚltima hora

A colorista pintura de Tino Gato, nunha exposición no edificio Santa Leonor en Trives

A mostra reúne unhas trinta obras deste artista, criado en Trives, e poderá visitarse ata o 31 de agosto

 

No cubismo máis colorista e camiña cara o naïf mergullan ao espectador as pinturas de Tino Gato. Unha escolma da súa obra poderá verse ata o vindeiro 31 de agosto na sala de exposicións do edificio Santa Leonor da vila.

Esta é a segunda ocasión na que este creador expón en Trives, tras unha primeira e positiva experiencia hai dous anos, que supuxo ademais o reencontro creativo co lugar onde se criou e onde conserva familia a amizades.

 

 

Desta volta, na súa exposición poden contemplarse unhas 30 obras con diferentes técnicas e estilos, das que unhas 25 son pezas “que se moven entre o cubismo e o naïf”, ademais de mariñas e cadros abstractos. “Espero que a xente se anime a visitala e que lle guste”, comenta este artista.

Nesta galería de fotos poden verse algunhas das obras expostas e ao concelleiro de Cultura de Trives, José Luis Vidal, visitando a mostra.

Fotos: O SIL.

Back to top button