Seguen decendendo os positivos por coronavirus en Valdeorras. Na xornada deste martes 7 de xuño a comarca rexistra 49 casos activos de Covid, 18 menos que o pasado venres, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
O único concello que experimenta un leve incremento é Larouco que pasa de 0 a 1 positivo. Por contra baixan os casos no Barco con 27 positivos (7 menos que o pasado venres), na Rúa con 12 (8 menos que o pasado venres), en Rubiá con 1 (2 menos que o pasado venres) e en Vilamartín con 1 (2 menos que o pasado venres).
O número de caso mantense igual que o pasado venres no Bolo con 1 positivo, en Carballeda de Valdeorras que tamén ten 1 positivo, en Petín con outro positivo e na Veiga con 4.
En canto ao Hospital Público de Valdeorras rexistra 2 ingresos en planta por Covid, 4 menos que o pasado venres, segundo Sanidade.