Novo incremento, aínda que leve, de casos activos de Covid en Valdeorras. Na xornada deste xoves 12 de maio a comarca rexistra un total de 263 positivos, o que supón 5 máis que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
Soben os contaxios activos na Rúa con 36 positivos (2 máis que onte), en Rubiá con 18 (1 máis que onte), na Veiga con 4 (1 máis que onte) e en Vilamartín 57 (4 máis que onte). En cambio, baixan no Barco con 120 positivos (3 menos que onte).
Os datos mantéñense igual que onte no resto de concellos: O Bolo ten 5 positivos, en Carballeda ten 15 positivos, Larouco ten 3 positivos e Petín ten 5.
No que se refire aos ingresos, rexístranse un total de 15 ingresos en planta por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras, o que supón 1 máis que onte, segundo os datos de Sanidade.