En portada

A comisión da Plataforma Pro-A-76 reúnese en Monforte

Os representantes desta entidade manterán un encontro o 16 de xuño para para analizar a evolución do proxecto desta infraestrutura
Membros da mesa de seguemento da plataforma en favor da A-76, na última reunión./ Foto: Carlos G. Hervella
Membros da mesa de seguemento da plataforma en favor da A-76, na última reunión./ Foto: Carlos G. Hervella

A situación actual do proxecto da futura Autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) porase sobre a mesa na tarde do 16 de xuño en Monforte de Lemos. Esta cidade lucense acollerá unha xuntanza da comisión de seguemento da plataforma que defende esta autovía. Dela forman parte, ademais dos directivos da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Círculo Empresarial Leonés-Bierzo, os alcaldes de Ponferrada, O Barco e Monforte de Lemos.

Esta xuntanza resposta, segundo as asociacións empresariais, ao cumprimento dun dos acordos tomados pola plataforma na súa última asemblea en Ponferrada, na que se decidía manter reunións periódicos para vixiar e facer seguemento da evolución do proxecto.
Este último encontro tiña lugar o pasado 10 de febreiro no Museo da Radio da cidade leonesa, só dous días despois de que o BOE publicase o anuncio de aprobación definitiva do estudo informativo desta infraestrutura, que terá unha lonxitude total de 125,3 km e un orzamento de licitación de 1.221.638.624,43 euros.

De seguro que na xuntanza do vindeiro 16 de xuño se falará sobre prazos e tamén sobre a postura da plataforma creada recentemente en Nogueira de Ramuín en contra da autovía A-76.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil
Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button