ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Comisión Europea felicita e premia aos Concellos de Trives e de Río polas súas actividades europeas

A Comisión Europea, a través do xefe da Unidade na Dirección Xeral de Comunicación Alessandro Giordani vén de remitirlle unha carta aos Concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río agradecendo a implicación destes municipios no SOTEU 2023, discurso do Estado da Unión Europea pronunciado o 13 de setembro deste ano por Úrsula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea.

Ambos concellos organizaron ese día o visionado en directo e debate posterior sobre o discurso e unha mesa redonda titulada “A Xuventude da Unión Europea” no IES Xermán Ancochea, onde participaron María Isabel Doval, vicerrectora de Benestar da Universidade de Vigo; Breixo Martíns, investigador da Uvigo; Francisco Garcia, director do IES trivés; Aarón Álvarez, tenente de alcaldesa do Concello de Trives; e ambos rexedores, o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez.

Este evento foi cualificado como un caso de éxito pola rede BELC (Construir Europa coas Autoridades Locais) e en agradecemento a Comisión Europea enviou a ambos concellos Eurobolsas ecolóxicas e Eurocargadores por inducción feitos con material reciclado.

Artigos relacionados

Back to top button