CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A comitiva da antiga Festa de Reis de Cádavos (A Mezquita) recolle os aguinaldos

 

Nunha coidada carroza, engalanada con elementos vexetais e outro tipo de adornos, a comitiva da antiga Festa de Reis de Cádavos (A Mezquita), na que non faltaba a música tradicional, percorría esta mañá a localidade para felicitar, cantar e recoller os aguinaldos, casa por casa.

 

O percorrido ía presidido polo Rei, Roberto, e pola Raíña, Carmen, xa que dende o pasado 2023 esta celebración incluía por vez primeira a unha muller como cargo. As autoridades da festa portaban os seus fermosos ramos, ademais de vestir a capa tradicional e o sombreiro.

Despois, co recollido polas cosas, que se ía anotando e depositando na carroza, a comitiva remataba na Casa dos Reis, onde a veciñanza se reunirá neste 5 de xaneiro para celebrar o primeiro dos xantares desta festa, que continuará nos próximos días con novos xantares e ceas compartidas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button