Encabezada polo Director, polos Boteiros e polos Músicos, a Comparsa, unha das manifestacións máis senlleiras do Entrudio de Viana do Bolo, volverá percorrer as aldeas do surleste deste municipio en febreiro, comezando coa súa tradicional ronda pola aldea visitada. Neste venres vén de facerse pública a relación de datas e lugares que visitará neste Entroido.
Así o sábado 3 de febreiro ás 11h. visitará as aldeas da parroquia do Padre Eterno e pola tarde, ás 17h. estará en Caldesiños. Na seguinte fin de semana, o 10 de febreiro, ás 11h. esta comitiva entroideira recalará en Rubiais e ás 17h. chegará a Seoane de Arriba.
Esta manifestación de teatro itinerante, que ademais da ronda inclúe brindes e dispustas, conta coa participación de figuras como os xa citados Director, Boteiros e Músicos, pero tamén coa Señorita e co Paiaso, entre outras.
Fotos: Carlos G. Hervella.