
Neste Entroido a antiga tradición da “Comparsa”, encabezada polo seu Director, volverá unha vez máis a percorrer as aldeas de Viana do Bolo. O percorrido comezará mañá sábado con visitas, a partir das 11h. a Mourisca, e, xa de tarde, ás 17h. esta singular comitiva carnavalesca achegarase ata San Cibrao.
O percorrido continuará no Sábado de Entroido por outras dúas aldeas. Esta iniciativa está promovida por mozos das aldeas de Viana do Bolo.