
Un ano máis, con ou sen neve, dende o grupo moteiro Balas Rasas e a asociación Motoxeada, en colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras, van quentando motores para a Motoxeada 2023, a concentración motorista invernal galega que se celebrará do 15 ao 17 de decembro en Fonte da Cova (Trevinca).
Coma sempre, a xuntanza incluirá un completo programa de actividades para os asistentes. Dende merendas, ceas e festas moteiras ata espectaculares rutas turísticas, sen esquecer o tradicional porco ao espeto gratis para todos os asistentes.
Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo e en www.facebook.com/motoxeada/.