DeportesÚltima hora

A concentración motorista invernal regresa esta fin de semana a Fonte da Cova (Trevinca)

A VII Motoxeada celebrarase do 16 ao 18 de decembro en Carballeda de Valdeorras

Motoxeada 2019, antes da pandemia. /Foto cedida.

 

Tras dous anos de parón obrigatorio, a Concentración Motorista Invernal regresa neste 2022 a Fonte da Cova (Trevinca). Da man do colectivo moteiro Balas Rasas e da asociación Motoxeada, en colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras, a VII Motoxeada celebrarase a vindeira fin de semana (do 16 ao 18 de decembro), seguindo o esquema das edicións prepandemia.

Así, a xuntanza incluirá un completo programa de actividades para os asistentes. Dende merendas, ceas e festas moteiras, ata rutas turísticas, xogos e actuacións musicais, sen esquecer o tradicional e ben acollido, porco ao espeto ou a entrega de recordos aos asistentes.

A Motoxeada 2022 arrancará o venres ás 16  hora coa apertura de inscricións e rematará o domingo ás 13 horas coa clausura.

Artigos relacionados

Back to top button