DeportesÚltima hora

A concentración mototurística Esquíos 2018 quenta motores cunha churrascada en Trives

A cita terá lugar o sábado 19 de maio en Santa Leonor
Cartel da Festa do Churrasco.

Do 6 ao 8 de xullo A Pobra de Trives acollerá unha nova edición da concentración mototurística “máis veterana de Ourense”. E para quentar motores, o Motoclub Os Esquíos oraniza unha boa churrascada.

O vindeiro sábado 19 de maio celebrarase en Santa Leonor a VII Festa do Churrasco. A xuntanza gastronómica comezará en torno ás 21h. e ao remate da cea continuará a festa no mesmo recinto coa actuación de Ricardo Parada.

As entradas custan 15 euros e están á venda no Sky, no Cafeto e no Boliche. Data límite: mércores 16 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button