Na tarde de onte 12 de febreiro, tiña lugar ás 18:50h. un accidente de circulación no km 440,700 da estrada N-120 no termo municipal de Rubiá. Producíase unha colisión frontal entre un turismo e un camión, como consecuencia da cal resultaba falecida a condutora e única ocupante do turismo.
No operativo de emerxencia interviñan bomberos de Valdeorras, equipo de conservación, servizos funerarios, patrulla do Posto de O Barco da Garda Civil e indicativo OU 309 deste Destacamento.
A persoa falecida é M. N. P. de 43 anos, veciña do Barco de Valdeorras. O condutor do vehículo articulado deu negativo na proba de alcoholemia e drogas.