A terceira edición do ciclo Santa Cristina in música, un dialogo musical na Ribeira Sacra presentábase esta mañá en Ourense. No acto, Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil, resaltaba a excelente acollida que tivo no público esta iniciativa nas dúas edicións celebradas anteriormente, así como o magnifico nivel dos concertos realizados.
Pola súa banda, a coordinadora do ciclo, Conchi da Silva, explicaba a proposta deste ano, que explora a conexión entre oriente e occidente a través de dous intérpretes de excepción, Ana Crismán, a única arpista flamenca do mundo; que interpretará obras propias facendo un percorrido por todos os paus do flamenco; e Jonathan Mayer, sitarista londinense de orixe india, todo un referente a nivel mundial deste instrumento, que interpretará ragas inspirados nas cancións e poemas do premio Nobel de literatura R. Tagore.
Os concertos terán lugar os sábados 14 e 21 de setembro ás 19 horas no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil). As entradas xa están dispoñibles en santacristinainmusica.eventbrite.com e tamén na tenda de música Musical González (Ourense).

