ConcellosLaroucoÚltima hora

A conselleira de Política Social visita a casa niño de Larouco e a casa do maior

 

As casas niño e as casas do maior, fundamentais tanto para a conciliación das familias como para o coidado dos nenos e dos maiores, continuar a estenderse por Galicia. Así o indicou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que esta tarde visitou os dous centros deste tipo que hai en Larouco, onde recordou que nestes momentos estanse a resolver as axudas para a posta en marcha de novas casas niño e que hoxe mesmo remata o prazo para solicitar fondos para a creación de máis casas do maior.

Fabiola García, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, destacou que as casas niño e as casas do maior son un servizo útil e de éxito, que facilita a vida das familias. Así mesmo, apuntou que constitúen unha aposta en firme do executivo galego para “un rural máis vivo, con servizos e no que vivir e formar unha familia”.

 

 

Ademais, a conselleira agradeceu á alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, e ás dúas mulleres que están a fronte destes dous equipamentos, a posta en marcha dos mesmos, para o que contaron co apoio da Xunta.

O goberno galego impulsa as casas niño desde o no ano 2016 para que a conciliación en concellos sen escola infantil sexa posible e para crear novas posibilidades laborais neses municipios. En 2019, creáronse as primeiras casas do maior para que aqueles lugares sen un servizo para os maiores, contasen cun recurso de atención diurna.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button