CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A Coral Candea homenaxea ao seu fundador, Juan A. Pinza, no concerto do 28 aniversario, en Viana

 

A Coral Polifónica Candea nacía en 1996 e nestes meses celebran o 28 aniversario cun apretado e variado calendario de actividades. Un dos actos máis destacados era o concerto que na tarde deste sábado 30 de novembro daba na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

 

 

Un concerto con dobre celebración. Por un lado Santa Icía, patroa da música; e por outro o aniversario da coral no que homenaxeaban ao seu fundador, Juan Antonio Pinza, quen malia levar anos sen estar no coro “nunca deixou de formar parte del”, aseguraba María Jesús Movilla no momento de entregarller unha placa conmemorativa de agradecemento.

 

 

 

Acompañado de familiares e amigos, Pinza asistía xunto ao resto de público ao festival que contaba coas actuacións do Grupo de guitarras da Escola de Música do Concello; do Grupo de Pandereteiras Abaneo; da Coral Polifónica Candea; e da Banda de Música Candea.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button