Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Coral de Ruada e Toxos e Froles pechan o Serán’01 en Santiago

O coro ourensán celebra esta semana o XII Certame “De Ruada”

A Coral De Ruada de Ourense, que este ano cumpre o seu centenario, pechou a programación de Serán’01 este domingo nun man a man con Toxos e Froles de Ferrol. Como final a tres intensos días de festa en torno á cultura popular, o baile e a música tradicional, ambos coros interpretaron sobre o escenario, o Himno Galego.

E xa de cara a esta semana o coro ourensán celebra o XII Certame “De Ruada”, con tres actuacións destacadas. O mércores 13 de xuño ás 20:30h. dará, no Teatro Principal, o concerto de Amigos da Coral de Ruada; o domingo 17 de xuño terá lugar a Romaría de Oseira con misa cantada na igrexa do mosteiro ás 13h. e xantar na Carballeira a partires das 14h; e xa o mércores 20 de xuño ás 20:30h. actuará no Liceo de Ourense xunto á Coral do Liceo.

Artigos relacionados

Back to top button