CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coral Polifónica Candea inicia a tempada estival actuando en Viana do Bolo e Quiroga

 

Dobre actuación para dar a benvida ao verán. Nos vindeiros meses a Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo terá varias actuacións estreando a xira estival nesta fin de semana en dous escenarios diferentes.

O venres 21 de xullo organizaban en Viana do Bolo o seu Festival de Verán na Casa da Cultura. Todo  un éxito no que compartían escenario coa Escola de Música Candea, co Cuarteto Tradicional da Banda de Gaitas de Vilariño de Conso e co Grupo de Cantareiras AILALAS.

 

 

E o domingo día 23 tiñan outra actuación, nesta ocasión convidados pola Coral Polifónica de Quiroga, no VII Encontro de Corais, na Igrexa Parroquial de San Martiño, no que tamén actuaba a Coral Auria Canta de Ourense, compartido as tres corais escenario e merenda trala actuación.

Dende Candea adiantan que coma sempre a Banda de Música actuará o 15 de agosto no marco das festas patronais.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button