ConcellosÚltima hora

A Corporación de Sober será novamente a primeira en constituírse en España

O pleno no que se formará e no que tomará posesión o alcalde terá lugar ás 00h. do sábado 15 de xuño
Casa do Concello de Sober./Foto cedida.

O alcalde en funcións de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que a Corporación local volverá ser a primeira de España en constituírse coa celebración do primeiro pleno do mandato ás 00:00 horas do vindeiro 15 de xuño, do venres ao sábado.

Fernández Guitián, que será de novo alcalde tras tres maiorías absolutas consecutivas, explica que se trata dun feito anecdótico que fai que se fale de Sober. “Dos máis de 8.100 concellos que hai en España só un é o primeiro e vai ser Sober. Nas dúas ocasións anteriores, 2011 e 2015, conqueríronse os obxectivos que se pretendían coa convocatoria”, precisa.

“Son numerosas as actividades, festas e eventos que o Goberno local organiza ao longo do ano para atraer visitantes a Sober e que o Concello resulte atractivo, polo que esta é unha máis desas iniciativas coas que pretendemos poñer Sober no mapa”. Menciona tamén a importancia de realizar accións continuas e plurais que contribúan sempre a que a Ribeira Sacra consiga a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

 

A nova Corporación de Sober contará con 8 concelleiros do PP, 2 de IG-Vivo e un do PSdeG-PSOE.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button