EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei abre a campaña de vendima o 27 de agosto

Foto: D.O. Monterrei.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de anunciar que mañá 27 de agosto comeza a campaña de vendima no seu territorio amparado. A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2023, será Francisco Pérez Diéguez situada na localidade de Mandín (Verín).

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas e abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 28 adegas. Os viñedos desta denominación ocupan un total de 691 hectáreas de territorio nas que traballan 362 viticultores.

Artigos relacionados

Back to top button